Creamos artesanalmente
Algunhas persoas de AMIPA creamos coas nosas propias mans unha artesanía diferente.
Como?
Podemos adaptar o que facemos ao gusto de cada persoa. Personalizamos cada detalle, as cores, tamaños, formas,... Facemos pezas orixinais, distintas e as adaptamos ao teu gusto.
Para encargar os nosos produtos para vodas, comuñóns, eventos,… pódese contactar con nós a través do teléfono ou do correo electrónico. Ademais, as portas de Sorribas sempre están abertas (contactando previamente a cita).
Que facemos?
Entre os nosos produtos pódense atopar:
- Velas aromáticas con diferentes deseños e presentacións
- Xabóns de mil formas e cores
- Marcapáxinas únicos de papel artesanal
- Invitacións exclusivas
- Imáns decorativos
- Pratos de madeira decorados
- Broches de fieltro
- Broches de pasta
- Diademas infantís
- Bolsas de tea aromáticas
- Adornos para picaporte
- .....
Onde?
Elixindo os nosos produtos artesanais ofrecemos o noso compromiso de calidade.
E ademáis se poden atopar os nosos produtos artesanais en varios establecementos próximos:
- En Padrón:
- Fotografía MMAS, Enlace Parque, nº 11, Padrón
- Floristería Carmiña, Agronovo nº 12, Extramundi, Padrón,
- En Rois:
- Perruquería de Mari Maquieira, Lugar de Pontenova s/n, Rois,
- Perruquería Lorena, Lugar de Sixto s/n, Ribasar, Rois
- En Santiago de Compostela:
- Bibiana K-lo peluqueros, Rúa San Pedro de Mezonzo nº 17 baixo, Santiago de Compostela,
Cando?
De 10:30h a 17:30h, de luns a venres (baixo pedido).
Teléfono: 981.817.202
Correo electrónico: asociacionamipa@gmail.com
Como temos moitos compromisos e pechamos no mes de agosto, cómpre facer os encargos con tempo para cumprir cos prazos de entrega.
- ‹ anterior
- 2 de 3
- seguinte ›