Vostede está aquí
Formación para a vida
No Centro Ocupacional de Sorribas desenvolvemos diferentes programas que favorecen a nosa formación permanente como persoas adultas.
En pequeno grupo aprendemos cousas que poden mellorar a as nosas vidas: cociñamos, manexamos o teléfono e as novas tecnoloxías, imos á compra, lemos a prensa,...
A miúdo reunímonos en asemblea co fin de participar e abordar as cousas que afectan ás nosas vidas. Nestas reunións informámonos de cousas novas, facemos propostas, organizamos actividades, ...
De forma individual cada un de nós ten a oportunidade de desenvolver o seu proxecto persoal co apoio dos profesionais de AMIPA. É unha forma estupenda de ser os protagonistas do noso Plan Individualizado de Atención (PIA).