Quen somos?
Quen somos?
Un grupo de persoas con discapacidade intelectual, familiares, profesionais e persoas voluntarias. Somos persoas cun proxecto compartido.
Como nacemos?
As nosas familias, todas dos Concellos de Dodro, Padrón e Rois, xuntáronse para falar de nós.
Por que? Porque querían o mellor para nós, querían que tivéranos un bo presente e un mellor futuro.
Cando?
As nosas familias decidiron crear unha asociación sen ánimo de lucro no ano 1997.
Dende o 2010 a nosa actividade cotiá se desenvolve no Centro Ocupacional situado en Sorribas, no Concello de Rois.
Que facemos?
AMIPA apoia de maneira individualizada a cada persoa con discapacidade intelectual, porque cada quen ten as súas necesidades, os seus proxectos, os seus soños,… e cada persoa vive de maneira distinta a súa autonomía e o seu benestar.
AMIPA favorece a inclusión social e laboral das persoas con discapacidade intelectual mediante procesos de formación continua que se desenvolve na propia comunidade e de maneira especial, no Centro Ocupacional de Sorribas, en Rois.
E na actualidade?
AMIPA xestiona o Centro Ocupacional Sorribas, para persoas con discapacidade intelectual. O centro conta con 24 prazas autorizadas, 20 delas son públicas e están concertadas coa Xunta de Galicia.
Ademais AMIPA está inscrita no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia co nº E-1031.
A través da Orde do 30 de setembro de 2009 AMIPA foi Declarada entidade de Utilidade Pública.