L M M X V S D
 
 
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
 
Deporte
A nosa horta
AMIPA
Formación para a vida
Feito a man
facebooktwitter

Soños

SOÑOS NO TRABALLO…
Para que queremos traballar? Para gañar máis cartos.
Algúns queren compaxinar o seu traballo en Amipa e nalgunha outra empresa.
Outras persoas soamente queremos traballar en Amipa.
Hai moitos oficios… cada un ten que atopar o que saiba facer, ou o que poida aprender e sobre todo… o que lle guste!
Uns soñamos con ser xardiñeiros, outras quereriamos ser perruqueiras, outras persoas ter o oficio do pai, algúns traballar nunha fábrica…

SOÑOS PERSOAIS…

  • Estar coa parella.
  • Ir en barco.
  • Estar xuntos, cos amigos e amigas.
  • Ter máis compañeiros e amigos.
  • Coñecer sitios bonitos.
  • Contar co apoio da familia.
  • Ir de paseo, tomar café, ir de tendas…
  • Estar na praia.
  • Non facer nada.

SOÑAMOS CON QUEN VIVIR…

  • Uns soñamos con vivir noutra vila.
  • Eu quero ter una casa pintada por fóra.
  • Gustaríame vivir lonxe, soa, coa miña irmá.
  • Algunhas persoas queremos vivir coa nosa parella.
  • Queremos formar unha familia.
  • O mellor é que haxa AMOR na casa.

SOÑOS PARA AMIPA…

  • Viaxar.
  • Que siga habendo traballo e cartos.
  • Poder vender os produtos da horta nunha tenda ou nun mercado.
  • Que se cumpran os soños de cada amipeira e de cada amipeiro.
  • Ter unha vivenda tutelada.

Tamén soñamos con coñecer persoas famosas.
O mundo melloraría se rematase o paro e todos puideramos ter un bo emprego!.