L M M X V S D
 
 
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
31
 
Unidade de apoio xeneralizado
Formación ocupacional
A nosa horta
Feito a man
AMIPA
facebooktwitter

Un ano máis a Asociación ASPRONAGA organiza a Xornada ARTÍSTICO CULTURAL na cidade da Coruña. Un grupiño de Amipeiros participarán nela. Esta Xornada se desenvolverá no parque de Santa Margarita. As persoas con discapacidade serán as protagonistas dos diferentes obradoiros: MÓBILES DECORATIVOS, CREACIÓN D BONITAS FLORES, FOTOGRAFÍA, PULSEIRAS, PINTURA, TÍTERES, GLOBOFLEXIA, TEARES, CONTACONTOS, RADIO, BAILE, PETANCA, DECORACIÓN DE UÑAS, MAQUILLAXE DE FANTASÍA, CHAVEIROS NAÚTICOS, PUNTO DE CRUZ,...

O próximo 1 de XUÑO o equipo de Baloncesto disputará dous partidos en Monforte. Pola mañá, ás 12:00 h contra o equipo Infanta Elena e pola tarde, ás 16:30 h contra Prodeme.

Amigos e amigas, o próximo sábado 23 de marzo, comenzamos a Liga de Baloncesto. Xogaremos o primeiro partido en Padrón contra o equipo de PRODEME (Monforte). O partido será no Pavillón vello do Campo do Souto ás 11:30 da mañá. Viredes animar?.

O próximo 16 de Marzo un grupo de deportistas de Amipa participarán en Bádmintón e en Probas Adaptadas, nas 18º Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios, na Coruña.

Oliva, Mónica, Carmen e Isabel participan nesta xornada de intercambio de experiencias e inquedanzas organizada pola Fademga-Feaps Galicia. 

Canto agarimo!.

O próximo 24 de Febreiro iremos á xornada de XOGOS de MESA a Betanzos.

Os compañeiros e compañeiras de ADCOR organizan esta Xornada da Liga Provincial. Adicaremos a mañá ao deporte e a tarde á convivencia e ao lecer xunto aos deportistas doutras entidades amigas. Estamos preparándonos con moitas ganas!.

O equipo de baloncesto acudirá a Santiago de Compostela para participar na "Entrega de Premios das Ligas de Special Olympics". É un premio moi merecido tralo esforzo de todo o ano. Noraboa equipo!!.

O encontro AMIPA-AMICOS será o último da tempada. Xogarase o sábado 24 de Novembro e terá lugar no Pavillón Vello de Padrón ás 11:00 h. da mañá. Iremos animar ao equipo!!.

O sábado 10 de Novembro en Cedeira se celebrarán as finais de baloncesto da Liga Provincial.

Páxinas

Subscribirse a AMIPA RSS